O número de casos diagnosticados de Covid en Boqueixón é de 36, un máis ca onte. Pola contra, o número de casos diagnosticados a 14 días mantén o ritmo de descenso iniciado esta fin de semana e queda nos 68 casos, catro menos ca onte luns.
Unha xornada de estabilidade en Boqueixón que contrasta cunha nova baixada da incidencia a nivel galego. Así, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 51.561 deles 11.223 son da área da Coruña, 5.365 da de Lugo, 5.033 da de Ourense, 5.482 da de Pontevedra, 12.892 da área de Vigo, 9.115 da de Santiago e 2.451 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 45 están en UCI, 656 en unidades de hospitalización e 50.860 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 401.355 persoas curadas, rexistrándose 2.987 falecementos.
A Consellería de Sanidade pide que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número 881 54 00 45 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus. Ademais, o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.