O Departamento de Deportes do Concello de Boqueixón informa de que a Deputación da Coruña vén de convocar 5 liñas de axudas dirixidas a fomentar a actividade física, a apoiar a clubs en competicións locais, provinciais, autonómicas, estatais e internacionais; a organizar eventos deportivos e a mellorar infraestruturas e equipamentos. Unhas convocatorias que se poden consultar no BOP do mércores 26 de xaneiro.
As liñas de subvención dispoñibles son:
- Programa de subvencións a entidades da provincia sen ánimo de lucro para a realización de actividades de fomento da actividade física e do deporte durante 2022. Subvencións de entre 1.000 e 30.000 euros, do 20 ao 80% do orzamento de gastos subvencionables. Consulta as bases.
- Programa de subvencións para clubs deportivos da provincia, sen ánimo de lucro, con equipos ou deportistas que participen en competicións federadas de ámbito local, provincial ou autonómico en 2022. Subvencións de entre 1.000 e 60.000 euros. Consulta as bases.
- Programa de subvencións para clubs deportivos da provincia, sen ánimo de lucro, con equipos ou deportistas que participen en competicións federadas de ámbito nacional ou internacional en 2022. Importe máximo do orzamento de gasto: 80.000 euros. Consulta as bases.
- Programa de subvencións a entidades deportivas sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de grandes eventos deportivos singulares de especial interese na provincia durante 2022. Subvencións de 6.000 a 70.000 euros. Consulta as bases.
- Programa de subvencións a entidades deportivas da provincia, sen ánimo de lucro, para infraestruturas e equipamento deportivo durante 2022. Subvencións de 1.000 a 40.000 euros. Consulta as bases.