Os datos de hoxe, xoves 3 de febreiro, recollen un pequeno repunte dos casos positivos de Covid-19 tanto en Boqueixón como a nivel de Galicia. Así, no noso concello hai 6 novos casos con respecto a onte mércores. Así, o número de casos diagnosticados a sete días ascende aos 40. O único dato positivo da xornada está no número de casos diagnosticados a 14 días: 90, tres menos ca onte.
A nivel autonómico, o número de casos medra en case 1.500 persoas. Así, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa de que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 61.716 deles 13.424 son da área da Coruña, 6.366 da de Lugo, 6.103 da de Ourense, 6.576 da de Pontevedra, 16.051 da área de Vigo, 10.265 da de Santiago e 2.931 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 44 están en UCI, 637 en unidades de hospitalización e 61.035 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 371.651 persoas curadas, rexistrándose 2.955 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.576.037. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.446.312.
A Consellería de Sanidade lembra que o número 061 é só para emerxencias ou casos graves, polo que aconsella utilizar o número 881 54 00 45 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus. Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.