O Concello de Boqueixón informa de que a Deputación da Coruña vén de sacar catro programas de subvencións para a realización de investimentos e actividades culturais durante o ano 2022. As axudas son:
- Subvencións a entidades sen ánimo de lucro para realizar investimentos culturais durante o ano 2022. Axudas cun mínimo de 1.500 euros e ata 30.000 euros. Consulta as bases.
- Subvencións a entidades sen ánimo de lucro para realizar actividades culturais durante o ano 2022. Axudas cun mínimo de 1.500 eruos e ata 30.000 euros. Consulta as bases.
- Subvencións a corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais de grande formato da provincia da Coruña para a realización de investimentos culturais durante o ano 2022. Axudas de entre 1.500 e 15.000 euros. Consulta as bases.
- Subvencións a corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais de grande formato da provincia da Coruña para a realización de investimentos culturais durante o ano 2022. Axudas de entre 1.500 e 30.000 euros. Consulta as bases.