O Concello de Boqueixón informa de que, a partir de hoxe martes 1 de febreiro, se abre o prazo para solicitar axudas á rehabilitación os concellos que se localizan na Área de Rehabilitación Integral (ARI) dos Camiños de Santiago, como no noso caso. Unhas subvencións que poden chegar ata os 25.000 euros por inmoble.
As actuacións subvencionables son as obras de mantemento a fin de adecuar os edificios á normativa vixente, aquelas coas que se mellore a eficiencia enerxética das vivendas, así como as que adapten as condicións de accesibilidade. Poderán ser persoas e entidades beneficiaras das subvencións:
- As comunidades de persoas propietarias e as agrupacións de comunidades de persoas propietarias, constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo.
- As agrupacións de persoas propietarias, ás cales lles será de aplicación o previsto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xullo.
- As persoas físicas propietarias de edificios ou vivendas.
Este programa de incentivos beneficia directamente á veciñanza dos 126 concellos que integran nunha das nove rutas desta área supramunicipal e está dotado dun orzamento de 725.722 euros. Máis información no DOG nº 250.