Rematamos o mes de xaneiro con bos datos, cunha nova baixada de casos diagnosticados tanto a 7 días. De feito, por primeira vez en varias semanas, o número de casos diagnosticados a 7 días baixa dos 40, concretamente ata os 37, 11 menos co pasado venres. Pola contra, lixeiro repunte dos casos a 14 días: 95, fronte aos 88 do pasado venres. As incidencias, por suposto, continúan por riba dos 250 e dos 500 casos, respectivamente.
A tendencia ao descenso é máis acusado a nivel de Galicia. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa de que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 62.867 deles 13.850 son da área da Coruña, 6.394 da de Lugo, 6.271 da de Ourense, 6.982 da de Pontevedra, 16.370 da área de Vigo, 9.987 da de Santiago e 3.013 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 44 están en UCI, 642 en unidades de hospitalización e 62.181 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 354.097 persoas curadas, rexistrándose 2.932 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.557.220. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.409.309.
A Consellería de Sanidade lembra que o 061 é só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número 881 54 00 45 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus. Ademais, o Sergas tamén ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.