A semana laboral péchase con bos datos sobre o control da pandemia en Boqueixón xa que, por terceiro día consecutivo, baixan os casos diagnosticados tanto a 7 como a 14 días. Así, este venres o número de casos positivos non concello é de 48, o que supón dúas altas con respecto a onte. No caso da incidencia a 14 días, a baixada é de 5 casos, ao pasar de 93 aos 88 de hoxe.
Pola contra, Galicia segue con subidas de casos. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa de que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 68.419 deles 14.706 son da área da Coruña, 6.927 da de Lugo, 6.986 da de Ourense, 7.729 da de Pontevedra, 18.057 da área de Vigo, 10.754 da de Santiago e 3.260 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 44 están en UCI, 596 en unidades de hospitalización e 67.779 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 334.180 persoas curadas, rexistrándose 2.910 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.538.183. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.362.531.
#sentidiño