Hoxe mércores 26 de xaneiro chega con boas novas en canto ao número de casos diagnosticados en Boqueixón que, por primeira vez en varias semanas, rexistran unha importante baixada tanto a 7 como a 14 días. Así, o número de positivos no municipio é de 57, seis menos ca onte. A catorce días esta cifra é de 101 casos, nove menos co martes.
Unha baixada que tamén continúa a nivel autonómico. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa de que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 65.841 deles 14.141 son da área da Coruña, 6.610 da de Lugo, 6.767 da de Ourense, 7.711 da de Pontevedra, 17.338 da área de Vigo, 10.158 da de Santiago e 3.116 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 48 están en UCI, 581 en unidades de hospitalización e 65.212 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 324.379 persoas curadas, rexistrándose 2.897 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.522.414. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.326.523.
Lembra que o número 061 está só para emerxencias ou casos graves, polo que debes utilizar o número 881 54 00 45 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus. Ademais, o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.