O Concello de Boqueixon informa de que artistas, empresas e compañías do municipio teñen ata as 14:00 horas do 1 de febreiro para inscribiren os seus espectáculos na Rede Cultural 2022 da Deputación da Coruña. O prazo para que os Concellos presenten ás súas solicitudes de actuacións estará aberto do 11 ao 22 de marzo. As resolucións comunicaranse nunha terceira fase, desde o 12 de abril. Por mor da situación derivada da Covid-19, e tal e como se fixo nas convocatorias de 2020 e 2021, o período de realización de actuacións estenderase máis alá de final de ano; nesta ocasión, até o 31 de marzo de 2023.
O catálogo da Rede Cultural 2022 estará formado por catro programas:
- “Escena ao vivo!”: para espectáculos profesionais de teatro, música, monicreques, maxia, danza e circo
- “Visións”: para cinema e contidos audiovisuais
- “Lingua a Escena!”: para espectáculos profesionais de música, teatro, danza, narración oral e monicreques con contidos específicos orientados á dinamización social da lingua galega
- “Alicerce”: para grupos de música, danza e teatro non profesionais. No caso de “Alicerce”, ademais dos concellos, poderán contratar propostas artísticas non profesionais as entidades sen ánimo de lucro da provincia que teñan entre as súas finalidades a promoción da cultura.
Máis información e bases: BOP nº 10, do 17 de xaneiro de 2022.
Adxuntos
- RedeCultural2022 (200 kB)