Este xoves 20 de xaneiro achega un novo caso diagnosticado de coronavirus en Boqueixón, que ascende ata os 43 casos nos últimos 7 días e unha incidencia acumulada para o municipio superior aos 250. Tamén sube, neste caso en 9 casos, o número de diagnósticos a 14 días: 92, cunha incidencia acumulada de máis de 500 casos.
A nivel Galicia, o número de casos tamén medra en máis dun milleiro de novos positivos. Así, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa de que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 77.236 deles 15.852 son da área da Coruña, 7.888 da de Lugo, 8.183 da de Ourense, 9.175 da de Pontevedra, 20.407 da área de Vigo, 11.755 da de Santiago e 3.976 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 49 están en UCI, 539 en unidades de hospitalización e 76.648 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 278.447 persoas curadas, rexistrándose 2.861 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.486.009. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.178.955.
Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos á súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada no Diario Oficial de Galicia, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas. Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara en espazos interiores e, tamén, no exterior.