A Secretaría Xeral de Igualdade, a través de Resolución do 21 de decembro do 2021 , publicada no DOG do 4 de xaneiro do 2022, convoca para o ano 2022 a prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola Lei 12/2016, do 22 de xullo.
OBXECTO
Proporcionarlles apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero para tentar garantirlles unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do agresor, ou da persoa que mantiver sobre ela unha relación de dominación para os casos das mulleres vítimas de trata co fin de explotación sexual, e mais tentar axudalas a romper coa situación de violencia, que lles posibilite dar o primeiro paso ou consolidar a ruptura dunha situación en que corren perigo.
REQUISITOS
Entre outros , deberán cumprir cos seguintes:
- Ser muller, maior de idade ou emancipada, vítima de violencia de xénero nunha relación de convivencia e de dependencia económica do seu agresor ou, no caso de vítimas de trata con fins de explotación sexual, de dependencia da persoa que manteña sobre ela unha relación de dominación.
- Ter cesado a convivencia co agresor, ou coa persoa que manteña sobre ela unha relación de dominación, no intervalo temporal que comprende os doce (12) meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.
- Estar empadroada e ter residencia efectiva na Comunidade Autónoma de Galicia e, no caso das mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia.
- No caso de vítimas de trata con fins de explotación sexual, será suficiente acreditar que posúen autorización de residencia por circunstancias excepcionais.
- Carecer de dispoñibilidade de recursos económicos ou ser de contía insuficiente para afrontar unha independencia inmediata do seu agresor e/ou dispoñer dunhas rendas ou ingresos brutos mensuais iguais ou inferiores ao dobre do Iprem vixente, excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.
PRAZOS
O prazo de presentación de solicitudes comezará ó día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, e permanecerá aberto con carácter permanentemente durante todos os exercicios.
Máis información e tramitación de ditas solicitudes chamando ao CIM do Concello de Boqueixón, teléfono: 981 – 513061, cim@boqueixon.gal ou ben na Secretaría Xeral de Igualdade, teléfonos 881 999164, correo electrónico vx.igualdade@xunta.gal.
Boqueixón, 17 de xaneiro do 2022
O alcalde
Manuel Fernández Munín