Este luns 17 de xaneiro chega con boas novas para Boqueixón, que non só para a tendencia alcista da semana pasada senón que inicia unha nova baixada: 50 casos diagnosticados nos últimos 7 dias, sete menos co venres pasado. No caso dos casos diagnosticados a 14 días, tamén se vislumbra unha tendencia á baixa: 82 casos, fronte aos 87 do pasado venres. De todos os xeitos, as incidencias acumuladas non son para tirar foguetes, xa que superan os 250 e os 500 casos, respectivamente.
A nivel galego, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que o número de casos activos de coronavirus é de 72.573 deles 14.747 son da área da Coruña, 7.439 da de Lugo, 8.149 da de Ourense, 8.459 da de Pontevedra, 19.002 da área de Vigo, 10.700 da de Santiago e 4.077 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 54 están en UCI, 556 en unidades de hospitalización e 71.963 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 265.149 persoas curadas, rexistrándose 2.847 falecementos.
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número 881 54 00 45 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus. Ademais, o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.