Boqueixón continúa a tendencia alcista iniciada onte no número de novos casos diagnosticados por coronavirus nos últimos sete días: 57 casos, dez máis ca onte. Ademais, hoxe venres 14 de xaneiro trae un incremento no número de casos diagnosticados nos últimos 14 días: 87, seis máis ca onte. A incidencia acumulada mantense como sempre: por riba dos 250 nos últimos 7 días e por riba dos 500 nos últimos 14 días.
O repunte de casos en Boqueixón coincide cun novo crecemento a nivel autonómico. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa de que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 64.781 deles 13.049 son da área da Coruña, 6.683 da de Lugo, 8.048 da de Ourense, 7.241 da de Pontevedra, 15.902 da área de Vigo, 10.089 da de Santiago e 3.769 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 53 están en UCI, 488 en unidades de hospitalización e 64.240 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 251.583 persoas curadas, rexistrándose 2.836 falecementos.
Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe.