Boqueixón mantense nos 20 casos positivos diagnosticados nos últimos 7 días, a mesma cifra ca onte martes e cunha incidencia acumulada superior aos 250. Onde si hai un importante descenso é no número de casos diagnosticados a 14 días, que baixa dos 69 de onte aos 59 de hoxe mércores 12 de xaneiro. Porén, a incidencia acumulada para Boqueixón sigue sendo superior aos 500 casos.
A nivel Galicia, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa de que o número de casos activos de coronavirus é de 76.276 deles 14.625 son da área da Coruña, 7.919 da de Lugo, 9.615 da de Ourense, 8.632 da de Pontevedra, 17.506 da área de Vigo, 13.343 da de Santiago e 4.636 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 55 están en UCI, 453 en unidades de hospitalización e 75.768 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 223.793 persoas curadas, rexistrándose 2.829 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.432.480 e o número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.044.263.
A Consellería de Sanidade lembra o carácter obrigatorio do uso da máscara en espazos interiores e, tamén, no exterior.