Continúa á baixa o número de casos positivos nos últimos 7 días en Boqueixón. Hoxe, martes 11 de xaneiro, son un total de 20 casos diagnosticados, dous menos ca onte. Iso si, a incidencia acumulada continúa superior aos 250. A maiores, a incidencia acumulada a 14 días retoma tamén o camiño descendente: 69 casos diagnosticados, 3 menos ca onte. Porén, a incidencia acumulada para o concello a catorce días continúa sendo preocupante xa que supera os 500.
A nivel Galicia, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa de que o número de casos activos de coronavirus é de 71.504 deles 13.623 son da área da Coruña, 7.294 da de Lugo, 9.175 da de Ourense, 8.190 da de Pontevedra, 16.139 da área de Vigo, 12.615 da de Santiago e 4.468 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 48 están en UCI, 462 en unidades de hospitalización e 70.994 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 220.224 persoas curadas, rexistrándose 2.827 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.423.924. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.018.889.
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número 881 54 00 45 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus. Ademais, o Sergas ten a disposición da cidadanía a web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.