Boqueixón conta, a día de hoxe 10 de xaneiro, con 22 casos diagnosticados nos últimos sete días, cunha incidencia acumulada superior aos 250. Unhas cifras optimistas xa que confirman a tendencia á baixada de casos iniciada a semana pasada. Así, se pechamos a semana pasada con 30 casos activos, a día de hoxe esa cifra reduciuse en 8 casos. Pola contra, volven ascender os casos diagnosticados nos últimos 14 días: 72, dous máis co pasado venres. A incidencia acumulada para o concello a catorce días continúa superando os 500.
No resto de Galicia, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que o número de casos activos de coronavirus é de 67.724 deles 12.859 son da área da Coruña, 6.875 da de Lugo, 8.586 da de Ourense, 7.929 da de Pontevedra, 15.199 da área de Vigo, 12.010 da de Santiago e 4.266 da de Ferrol.