A cadea de televisión Cuatro vén de estrear o programa “La belleza nos une”, unha serie documental preentada por Christian Gálvez e cuxo primeiro capítulo transcorre en terras galegas, máis concretamente en Boqueixón. Así, o presentador desprazouse ata o Pico Sacro para coñecer algunhas das lendas que agocha.
Ademais de contar o mito xacobeo da Raiña Lupa, no vídeo poderás escoitar os testemuños de José Manuel Gacio, veciño de Lestedo, quen lle explicará os misterios do Pico Sacro; e Marcos Vaqueiro, presidente do Club de Espeleoloxía A Trapa, quen lle falou dos traballos realizados nas covas.
Podes ver o programa completo premendo neste enlace ou unicamente os sete minutos correspondentes a Boqueixón no arquivo adxunto ou premendo aquí.
Adxuntos
- PicoSacro (84 MB)