A unidade móbil do servizo de doazón de sangue visitará Boqueixón o vindeiro martes 4 de xaneiro. Haberá dous puntos de encontro:
- no Forte, diante do centro de saúde, de 9:300 a 14:30 horas.
- en Camporrapado, diante do Bar O Nervioso, de 16.00 a 21:00 horas.
Desde a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue informan de que as reservas dos grupos A+ e 0+ están baixas. Para doar só hai que ter máis de 18 anos e pesar máis de 50 kg.
Lembra que podes pedir cita previa no 900 100 828. Para doar deberás achegar o DNI, a tarxeta de doazón ou documento similar. E recorda que para doar sangue hai que almozar e agardar 2 horas despois do xantar.