O Concello de Boqueixón informa de que, a día de hoxe, o noso municipio conta con 34 novos casos diagnosticados nos últimos 7 días, o que nos sitúa cunha incidencia acumulada de máis de 250. Así mesmo, o número de casos diagnosticados nos últimos 14 días ascende a 42, o que supón unha incidencia acumulada superior a 500.
Por outra banda, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa de que onúmero de casos activos de coronavirus en Galicia é de 32.107 deles 5.744 son da área da Coruña, 2.598 da de Lugo, 3.407 da de Ourense, 4.507 da de Pontevedra, 8.694 da área de Vigo, 5.307 da de Santiago e 1.850 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 51 están en UCI, 262 en unidades de hospitalización e 31.794 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 198.636 persoas curadas, rexistrándose 2.757 falecementos.
Recomendacións
Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.
É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións. Non se debe esquecer o mantemento da distancia de seguridade, o uso axeitado da máscara e atender ás restricións específicas que se poidan establecer en cada comarca ou concello.