O Concello de Boqueixón lamenta informar da anulación do Boqueixogo, un espectáculo con inchables, obradoiros e buzón real programado inicialmente para este domingo 2 de xaneiro no pavillón do Forte. O elevado incremento de casos activos de coronavirus en Galicia nas últimas semanas aconsellan adoptar medidas preventivas de autoprotección e limitación da diseminación do virus.
O Concello de Boqueixón pide desculpas polas molestias que esta anulación poida supoñer para as persoas que xa estaban inscritas. Así mesmo, solicita a colaboración da veciñanza: mantendo a distancia de seguridade, utilizando a máscara de xeito correcto e extremando a hixiene de mans.