Medio cento de persoas asistiron esta fin de semana ao espectáculo “A lingúaxe esquecida”, programada polo Concello de Boqueixón e a Deputación da Coruña dentro de Escena Pequena, o seu ciclo de teatro e música para un público familiar. Un divertido espectáculo musical no que veciñas e veciñas desfrutaron das historias e as cancións de Papabuis sobre o Camiño de Santiago.
Escena Pequena baixará o seu telón este domingo 26 de decembro, ás 12:00 horas, na Casa da Cultura de Camporrapado coa posta en escena de Puño puñete, un espectáculo musical dirixido a nenos e nenas de 1 a 7 anos. Como en anteriores ocasións, a entrada é totalmente gratuíta, se ben é preciso reservala no Departamento de Cultura (cultura@boqueixon.gal ou 981 513 115).