O xurado do VII Concurso de fotografía “Paisaxes de Boqueixón” composto por Lorena González Vázquez (Lorena do Merlo- Fotografía), Montserrat Franqueiro Couto (Merillotes –Fotografía), Carlos Suárez González (Nós Comunicación) e Rosario Iglesias Iglesias, técnica municipal de Cultura, con voz e sen voto, logo de comprobar o cumprimento dos requisitos de participación das 67 fotografías presentadas ao concurso, proceden a puntuar cada unha delas, cun máximo 54 puntos, tendo en conta os criterios de calidade técnica, composición, impacto visual, mensaxe transmitida, creatividade e dificultade.
De entre as 67 fotografías presentadas a concurso, o xurado decidiu premiar:
1º premio. Alejandra Fernández Vilela por «O rei da Ponte». 51 puntos (foto 8).
2º premio. Elisabet López Carvalhais por «Pico Sacro e mar de nubes». 50 puntos (foto 13).
3º premio. Antía Castro Vázquez por «Amencer desde o Pico». 49 puntos (foto 52).
O resto das fotografías seleccionadas para a confección do calendario son:
- Olalla González Rendo. «Brisa de verán». 46 puntos (foto 56).
- David Domínguez Gómez. «O val do Ulla». 44 puntos (foto 65).
- Yolanda Rodríguez Lamego. «Amencer». 44 puntos (foto 49).
- Victoriano García García. «Amencer con néboa». 43 puntos (foto 46).
- Andrea Seoane Rodríguez. «Hora dourada». 43 puntos (foto 16).
- Mercedes Rendo Maceira. «Raios de sol en Donas». 42 puntos (foto 32).
- Antía Castro Vázquez. «Día nubrado desde a cima do Pico». 42 puntos (foto 62).
- Alejandra Fernández Vilela. «A maxia dos reflexos». 42 puntos (foto 5).
- Santiago Riveiro Calviño. «O solpor da Raíña Lupa». 41 puntos (foto 29).
Parabéns a todas e todos!