O local social de Lestedo acollerá o vindeiro martes 14 de decembro, ás 19:00 horas, unha xornada informativa denominada “Consumo Responde”, promovida polo Concello de Boqueixón e a Xunta de Galicia. Unha xornada de acceso gratuíto no que se tratarán distintos temas sobre servizos financeiros bancarios, explicados dunha forma sinxela.
Entre outros temas a tratar figuran: información e asesoramento en materia bancaria e financeira, tipos de contas bancarias, comisións, créditos ao consumo e tarxetas revolving, hipotecas e avais ou xestións básicas na banca electrónica ou no caixeiro. Tras a sesión haberá espazo para resolver dúbidas.