Os Concellos de Boqueixón e Vedra veñen de abrir o prazo de inscrición no seu curso de monitor/a de actividades de tempo libre, de 200 horas teórico/prácticas e 150 horas prácticas. Unha formación que está homologada pola Xunta de Galicia. A cota de inscrición é de 150 euros. Máis información no Departamento de Mocidade de Boqueixón ou no teléfono 981 513 115.
As prazas son limitadas e o prazo de presentación de solicitudes remata o 17 de decembro. Terán preferencia aquelas persoas empadroadas nalgún dos municipios. Ambas as dúas iniciativas darán comezo no Nadal, farán un intensivo na Semana Santa e complementarán con algunha fin de semana.