Nadal Activo é un programa lúdico-educativo que facilita a conciliación laboral e familiar nas vacacións de Nadal. O desenvolvemento das actividades terá lugar nas instalacións municipais do Forte e no CPIP Antonio Orza Couto, coa adopción das medidas hixiénico-sanitarias de prevención contra a Covid-19.
Datas: 22, 23, 27, 28, 29 e 30 de decembro e 3, 4, 5 e 7 de xaneiro.
Horario: entrada de 9:00 a 10:00 h; e saída 13:30 a 14:00h.
Dirixido a: alumnado de infantil e primaria do Concello de Boqueixón e alumnado matriculado/a nun centro educativo de Boqueixón.
Inscricións: as inscricións realizaranse do 1 ao 12 de decembro, enviando a ficha de solicitude e demais documentación por unha das seguintes vías: Telemática, a través da sede electrónica do Concello de Boqueixón (preferente), ou presencial, no rexistro municipal. Posibilidade de inscrición por días soltos. Requírese un grupo mínimo de participantes para o inicio das actividades.
Ofértanse un máximo de 20 prazas para este programa.
Documentación a achegar xunto á ficha de inscrición:
- Declaración da renda do 2020 ou xustificante de non ter que presentala.
- Documento acreditativo de familia numerosa (de ser o caso).
Custo: 60 € programa completo, 10 € días soltos.
O Concello de Boqueixón poderá modificar ou suspender a prestación do servizo en función das circunstancias que acontezan derivadas da crise sanitaria motivada pola Covid-19. Máis información no teléfono: 981 513 115.
Exencións | |
Casos de emerxencia social, unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais ao IPREM (537,84€) ou outra situación valorada técnicamente polo Dpto. de Servizos Sociais. | 100% |
Bonificacións | |
Unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais a 1,5 veces o IPREM. | 80% |
Unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais a 2,5 veces o IPREM. | 70% |
Unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais a 4 veces o IPREM. | 50% |
Unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais a 6,5 veces o IPREM. | 35% |
Condición de familia numerosa xeral. | 40% |
Condición de familia numerosa especial. | 50% |
Adxuntos
- ficha (197 kB)
- bases Nadal Activo (376 kB)