O Concello de Boqueixón dispón de 4 prazas para participar na Campaña de Neve 2022 organizada pola Deputación da Coruña. Unha iniciativa dirixida a nenos e nenas de entre 12 e 15 anos (inclusive), que viaxarán á estación Valgrande-Pajares de Asturias do 28 ao 31 de xaneiro de 2022.
O prezo é de 85 euros (inclúe desprazamento ao punto de recollida na comarca) e o prazo de inscrición estará aberto dende hoxe, 30 de novembro, ata o vindeiro 14 de decembro no Departamento de Deportes de Boqueixón (636 731 721 ou deportes@boqueixon.gal). En caso de haber máis solicitudes ca prazas, entre o 15 e o 17 de decembro farase un sorteo público diante do Secretario do Concello de Boqueixón para adxudicar as prazas. Iso si, terán prioridade aqueles nenos e nenas que nunca participaran neste tipo de campañas.