Os Concellos de Boqueixón e Vedra colaboran coa Asociación de Municipios do Camiño de Inverno na derradeira ruta para coñecer esta ruta xacobea, que terá lugar este sábado 27 de novembro. En Boqueixón, o punto de encontro será A Susana (xunto á farmacia García Piñeiro), ás 11:30 horas.
As persoas que participen percorrerán os 8,7 quilómetros de distancia ata a Praza da Quintana, con entrada pola Porta Santa. Ao finalizar a camiñata, haberá unha degustación de produtos locais de Boqueixón e Vedra. A organización porá un autobús para a volta á Susana, unha vez finalizada a degustación.
As persoas interesadas en participar poden anotarse en secretariacaminodeinvierno@gmail.com. O prazo de reserva está aberto ata as 12:00 horas do xoves 25 de novembro.