Rir é saudabe. Relaxa o organismo, favorece o corazón, mellora a función respiratoria e aumenta as endorfinas que libera o noso cerebro e nos fan sentir felices. Así se sentiron os case setenta veciños e veciñas de Boqueixón que encheron o auditorio da Casa da Cultura de Camporrapado para desfrutaren da comedia “Un convento moi contento”, con Bradomin Teatro.
Trátase da terceira sesión do ciclo de teatro para público adulto BocAberta, un ciclo organizado polo Concello de Boqueixón en colaboración coa Deputación da Coruña. A derradeira sesión deste ano terá lugar este domingo 28 de novembro con Artesacía Teatro e a obra “Chola, a it girl!”.
Lembra que a entrada é de balde. Só tes que reservar a entrada no Departamento de Cultura, a través de cultura@boqueixon.gal ou chamando ao 981 513 115.