O Concello de Boqueixón informa da convocatoria de axudas do INEGA para instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial. O prazo de presentación remata o 2 de xaneiro de 2024.
Axudas para instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial | |
Normativa | |
Obxecto
| Convocatoria de axudas correspondente ás anualidades 2021-2023 para o Programa 6 de incentivos vencellados á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial, de acordo coas bases reguladoras previstas no Real decreto 477/2021 (BOE núm. 155, do 30/06/2021). |
Beneficiarios | De conformidade co artigo 11 das bases reguladoras, os destinatarios últimos das axudas son os seguintes:
|
Documentación
| As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (IN422M) a seguinte documentación:
Unha oferta dun provedor cando o investimento sen IVE da actuación que se subvenciona sexa inferior a 15.000 € e, tres ofertas de distintos provedores cando o investimento sen IVE da actuación supoña un gasto para o beneficiario igual ou superior 15.000 € (salvo no caso de entidades xurídicas públicas). |
Forma de presentación das solicitudes | A solicitude presentaraa directamente o solicitante, salvo cando este sexa unha persoa física que non realice actividade económica ou unha comunidade de propietarios, que o fará a través dunha entidade colaboradora. A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega, www.inega.gal. |
Prazo | O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará, segundo a tipoloxía do proxecto, nas seguintes datas:
O prazo de presentación de solicitudes de axuda finalizará o 31 de decembro de 2023; ao ser inhábil prorrógase ata o 2 de xaneiro do 2024 para todas as tipoloxías de proxectos. |
Información da convocatoria no Inega
|