O Concello de Boqueixón informa de que a Xunta de Galicia vén de convocar un novo programa de axudas, o PREE 5.000, para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes en municipios como Boqueixón. O importe destas axudas pode cubrir ata o 100% do custo das obras.
As persoas interesadas en acollerse a estas subvencións poderán solicitalas entre o 3 de xaneiro de 2022 e o 30 de setembro, para que dispoñan de marxe suficiente para preparar toda a documentación precisa.
Estas axudas están abertas ás persoas físicas ou xurídicas de natureza privada así como ás comunidades ou agrupacións de comunidades de propietarios que sexan titulares de inmobles nos que se vaian acometer as actuacións subvencionables. Así mesmo, os traballos a executar deberán encadrarse nunha ou en varias das seguintes tipoloxías: mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica; mellora da eficiencia enerxética e uso de enerxías renovables nas instalacións térmicas de calefacción, climatización, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria; e mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación.
Máis información:
Axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes (Programa PREE 5000) | |
Normativa | Real Decreto 691/2021, polo que se regulan as subvencións para outorgar a actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes (BOE nº 185 do 4/08/2021) |
Obxecto | Convocar o Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes en municipios de reto demográfico (programa PREE 5000), para a anualidade 2022, con carácter plurianual. Entenderase por municipios de reto demográfico os municipios de ata 5.000 habitantes e os municipios non urbanos de ata 20.000 habitantes en que todas as súas entidades singulares de poboación sexan de ata 5.000 habitantes. Para a determinación dos municipios de reto demográfico teranse en conta as cifras publicadas da revisión do padrón municipal referidas ao 1 de xaneiro de 2020, así como as que figuren no Nomenclátor do INE e no Atlas Estatístico das Áreas Urbanas do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, aos que poderán engadirse os novos municipios que resulten das revisións e actualizacións que poidan ser publicadas en ambas as fontes oficiais antes da finalización do prazo para a presentación de solicitudes fixado no ordinal sétimo. Municipios de reto demográfico (IDAE) | Listaxe concellos reto demográfico Galicia |
Persoas ou entidades beneficiarias | Poderán ser beneficiarias destas axudas, sempre que teñan residencia fiscal en España: a. As persoas físicas ou xurídicas de natureza privada que sexan propietarias de vivendas unifamiliares ou de edificios de tipoloxía residencial colectiva de vivenda existentes. b. As comunidades de persoas propietarias ou as agrupacións de comunidades de persoas propietarias de edificios residenciais de uso vivenda, constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal. c. As persoas propietarias que de forma agrupada sexan propietarias de edificios que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código civil e non outorgasen o título constitutivo de propiedade horizontal. Para que as persoas físicas sexan beneficiarias, ben a titulo individual, o ben, en canto pertencentes a unha comunidade ou agrupación de persoas propietarias das previstas nas letras b) ou c) deberán posuír a nacionalidade española ou a de algún dos Estados membros da UE ou do Espazo Económico Europeo ou Suíza. No caso de estranxeiros non comunitarios, deberán ter residencia legal en España. |
Actuacións subvencionables
| Ao abeiro do establecido no artigo 17.7 do Real decreto 691/2021, do 3 de agosto, as actuacións subvencionables deben cumprir cos requisitos específicos que se establecen para cada unha delas no anexo IV do citado real decreto e encadrarse nunha ou varias das seguintes tipoloxías: a. Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica (tipoloxía 1). b. Mellora da eficiencia enerxética e uso de enerxías renovables nas instalacións térmicas de calefacción, climatización, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria (tipoloxía 2). c. Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación (tipoloxía 3). As actuacións subvencionables deberán realizarse en edificacións existentes construídas con anterioridade ao ano 2007, nas seguintes opcións:
O orzamento destinado ás actuacións que se realicen en vivendas dun edificio de tipoloxía residencial colectiva de vivenda, consideradas individualmente (opción B) non poderá superar o importe de 914.549 euros na anualidade de 2022 e de 914.549 euros na anualidade de 2023. O orzamento destinado a actuacións subvencionables promovidas por persoas xurídicas de natureza privada en cada unha das anualidades non poderá superar o importe de 180.000 euros. Estas actuacións deberán acadar as dúas seguintes condicións:
Para a obtención das condicións anteriores poderanse combinar as actuacións que se vaian realizar; non será necesario o seu cumprimento por cada actuación individualmente. |
Actuacións non subvencionables | Non serán subvencionables as seguintes actuacións: a. As realizadas en edificios de nova construción. b. As intervencións en edificios existentes que supoñan unha ampliación, nos cales se incremente a superficie ou volume construído. c. As intervencións en edificios existentes que supoñan un cambio de uso do edificio. Tampouco serán subvencionables as actuacións iniciadas con anterioridade á data de rexistro da solicitude desta axuda. d. Polo menos o 70 % (en peso) dos residuos de construción e demolición non perigosos (excluído o material natural mencionado na categoría 17 05 04 na Lista europea de residuos establecida pola Decisión 2000/532/EC) xerados no sitio de construción prepararase para a súa reutilización, reciclaxe e valorización. e. En materia de rehabilitación enerxética, os compoñentes e materiais de construción utilizados no desenvolvemento das actuacións previstas nesta medida non conterán amianto nin substancias moi preocupantes identificadas a partir da lista de substancias suxeitas á autorización do anexo XIV do Regulamento (CE) nº 1907/2006. O prazo máximo para a conclusión das actuacións obxecto da axuda será o que se fixe na resolución de concesión, sen que poida superar os 18 meses contados desde a data da notificación da resolución de concesión da axuda. |
Documentación | |
Lugar de presentación | As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. |
Prazo de presentación de solicitudes | Desde o día 3 de xaneiro ata o 30 de setembro de 2022, salvo que con anterioridade se esgotase o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no DOG e na páxina web do IGVS. |