O Concello de Boqueixón e a asociación Acougo (Asociación Galega de Familias de Acollida) organizan unha charla informativa que terá lugar o vindeiro venres 19 de novembro, ás 19:00 horas, no local sociocultural de Sergude. A sesión “Contigo florece, xerando cultura de acollemento”, ten como obxectivo dar formación e difusión sobre o sistema de protección a menores e, concretamente, das familias de acollida.
O coloquio estará aberta á participación de toda a cidadanía en xeral, á que se lles achegará a realidade das nenas, nenos e adolescentes en situación de desprotección, así como dar a coñecer o acollemento familiar. Na sesión seguiranse as medidas preventivas contra a Covid-19, polo que será preciso anotarse previamente a través do teléfono da asociación (622 672 188), enviando un mail a info@acougo,gal ou enchendo este formulario de inscrición.