O Pazo de Quián, en Sergude, acollerá unha xornada técnica sobre o Decreto de Artesanía Alimentaria, que terá lugar o luns 15 de novembro, a partir das 10:00 horas. Durante a mañá trataranse diversos temas (obxectivos de selo e condicións xerais para a produción de alimentos artesáns, acreditación de condición da actividade artesá, flexibilización das normas de hixiene…) e pola tarde visitarase Sidredría Peroja (A Estrada), como unha actividade artesanal con experiencia.
As persoas interesadas en participar deberán anotarse en artesaniaalimentaria.agacal@xunta.es indicando no asunto “Formación Artesanía Boqueixón” e adxuntando o formulario descargable aquí.
Adxuntos
- Formulario_solicitude_asistentes (406 kB)
- Formulario_solicitude_asistentes (450 kB)
- Xornadas_Artesania_Alimentaria_Boqueixon (388 kB)