O Concello de Boqueixón informa de que a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, convoca o programa Xuntos polo Nadal. Esta iniciativa gratuíta ten como obxectivo que as persoas maiores que se atopan soas no Nadal poidan desfrutar duns días de vacacións entre o 22 de decembro e o 7 de xaneiro de 2022, coa posibilidade de compartir esas festas nun clima de convivencia e participación.
Para poder participar é preciso ser maiores de 60 anos, residir en Galicia, estar vacinado fronte á Covid-19, valerse por si mesmo e non padecer enfermidades infecto-contaxiosas e/ou trastornos mentais ou condutuais que poidan alterar a convivencia, vivir so seu domicilio e pasar o Nadal so.
A solicitude debe presentarse nos Servizos Sociais do Concello de Boqueixón antes do 15 de novembro coa seguinte documentación: DNI, tarxeta sanitaria e informe médico actualizado no caso de precisar algunha atención especial (alerxias, alimentación especial…).
Para máis información, chamar aos Servizos Sociais de Boqueixón: 981 51 31 06.
Adxuntos
- XuntospoloNadal (5 MB)