O Concello de Boqueixón vén de unirse á campaña De Fronte á violencia de xénero, promovida pola Deputación da Coruña con motivo da conmemoración do 25N. Iso permitirá que a veciñanza teña acceso a 3 palestras en liña sobre violencia de xénero os días 4, 11 e 18 de novembro, así como a unha actividade xuvenil en formato Visual Thinking sobre violencia de xénero, a partir do día 15.
Tamén haberá unha Scape Room para traballar en igualdade e de xeito cooperativo e un espectáculo musical para público infantil entre o 22 e 29 de novembro: “Martiña soñadora”. Para o propio 25N, ás 12:00 h, está preparado un acto colectivo de lectura de textos e poemas relacionados con esta data. Máis información en https://defronte.gal/