A biblioteca municipal de Boqueixón quedou pequena para acoller á trintena de nenos nenas, de entre 4 a 12 anos, que se achegaron a desfrutar do contactontos «A pequena fábrica dos corazóns de papel reciclado», de Anxo Moure. Durante case unha hora, a rapazada desfrutaron do «Taller Moure», a través do cal aprenderon a reciclar as malas novas da violencia de xénero, do machismo e da desigualdade para convertelas en corazóns de papel reciclado.
Esta actividade estivo organizada polo Concello de Boqueixón, que contou coa colaboración do programa de animación á lectura Ler Conta Moito, da Xunta de Galicia.