A Biblioteca Municipal de Boqueixón acollerá este venres 22 de outubro, ás 16:00 horas, o contacontos de Anxo Moure “A pequena fábrica dos corazóns de papel reciclado”. Un espectáculo especialmente recomendado para nenos e nenas de entre 4 a 12 anos. Entrada de balde, previa inscrición no Departamento de Cultura, no 981 513 115 ou en cultura@boqueixon.gal.
Durante uns 50 minutos, os nenos e nenas de Boqueixón coñecerán as aventuras dun singular fabricante de corazóns que, coa súa axuda, tratará de reciclar as malas novas da violencia de xénero, do machismo e da desigualdade para convertelas en fermosos corazóns de papel reciclado. Un evento organizado polo Concello de Boqueixón en colaboración co programa de animación á lectura Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.