O Boletín Oficial da Provincia (BOP) de hoxe xoves 30 de setembro publica a convocatoria de axudas para o fomento da natalidade no Concello de Boqueixón. Trátase dunhas axudas de entre 200 e 300 euros dirixidas ás familias para sufragar parcialmente os custes derivados do nacemento e/ou acollemento ou adopción de nenos/as empadroados/as no municipio.
Os cartos deberán ser gastados en beneficio do neno/a: cueiros, lácteos e alimentos infantís, roupa, calzado, enxoval, produtos de hixiene infantil, medicamentos ou calquera outro tipo de produtos receitados polo facultativo de pediatría. Uns produtos que deberán ser adquiridos en establecementos comerciais emprazados no municipio de Boqueixón.
Importe das axudas
As axudas outorgaranse con independencia da renda familiar. O Concello de Boqueixón outorgará unha axuda por nados/as entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021 por un importe individual de 200 euros. No caso de partos múltiples, aumentarase a axuda en 100 euros. Así mesmo, a axuda acadará os 300 euros no caso de acreditar unha discapacidade do/a neno/a dun 33% ou superior.
Para poder solicitar as axudas é preciso que a familia estea empadroada en Boqueixón (incluído o menor recén nacido) no momento de presentar a solicitude e comprometerse a seguir empadroada un mínimo de 3 anos. Así mesmo, será necesario non ter pendente de xustificar subvencións outorgadas polo Concello nin estar en ningún dos supostos de prohibición para a percepción de subvencións que establece a Lei.
Os cartos deberán ser gastados en beneficio do neno/a: cueiros, lácteos e alimentos infantís, roupa, calzado, enxoval, produtos de hixiene infantil, medicamentos ou calquera outro tipo de produtos receitados polo facultativo de pediatría. Uns produtos que deberán ser adquiridos en establecementos comerciais emprazados no municipio de Boqueixón.
As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude preferiblemente por vía electrónica a través do formulario dispoñible na sede electrónica municipal (https://sede.boqueixon.gal). Así mesmo, poderanse presentar solicitudes de forma presencial no Rexistro Xeral do Concello de Boqueixón. O Concello de Boqueixón establece os seguintes prazos de presentación de solicitudes:
PERÍODOS NACEMENTOS | PLAZO SOLICITUDE AXUDA | DATAS DE FACTURACIÓN ADMITIDAS | PRAZO DE XUSTIFICACIÓN |
Entre 01/01/2021 e a data de publicación do extracto no BOP | 15 días naturais a partir do día seguinte de publicación no BOP | dende a data de nacemento do neno ata o 15/12/2021 | Límite o 15/12/2021 |
Entre o día seguinte á publicación do extracto no BOP ata o 31/12/2021 | 15 días naturais a partir do día seguinte á data de nacemento do neno | dende a data de nacemento do neno ata o 20/01/2022 | Límite o 20/01/2022 |
Adxuntos
- BOP (105 kB)
- BASES-AXUDAS-NATALIDADE (109 kB)
- ANEXOS-AXUDAS-NATALIDADE (551 kB)
- ANEXO IV XUSTIFICACIÓN (528 kB)