Máis de medio cento de veciños e veciñas de Boqueixón asistiron á posta en escena de «Un rei e outros animais», unha divertida iniciativa para toda a familia do músico e manipulador de monicreques Carlos Quintá Cagide. A Casa da Cultura de Camporrapado acolleu esta actuación, na que os nenos e nenas de Boqueixón desfrutaron coas historias e pezas da tradición galega postas en escena a través de animais.
«Un rei e outros animais» chegou a Boqueixón grazas ao programa de dinamización lingüística FalaRedes e contou coa colaboración do Concello de Boqueixón, Xacobeo 21-22 e Xunta de Galicia.