A Casa da Cultura de Camporrapado acollerá o espectáculo familiar “Un rei e outros animais” o vindeiro domingo 19 de setembro, ás 12:00 horas. A asistencia é totalmente gratuíta, se ben por cuestións de aforo é preciso anotarse previamente en cultura@boqueixon.gal ou chamando ao 981 513 115.
“Un rei e outros animais” é un espectáculo para público familiar do músico e manipulador de monicreques Carlos Quintá Cagide. Unha actuación que chega ao Concello de Boqueixón promovido polo programa de dinamización lingüística FalaRedes e á colaboración do Xacobeo 21-22 e da Xunta de Galicia.
Durante a representación, os nenos e nenas de Boqueixón contarán e cantarán historias e pezas da tradición galega e outras de nova creación, todas elas protagonizadas por animais e coa axuda de xoguetes sonoros e monicreques variados.