O Concello de Boqueixón informa de que, unha vez rematado o procedemento de inscrición nos servizos de conciliación Madrugadores e Tardes educativas e de lecer, quedan prazas vacantes que poden ser cubertas ben por novas solicitudes ou por inscricións por semanas ou días soltos.
Ambos programas están dirixidos a alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria, desenvolvéndose nas instalacións do CPI Antonio Orza Couto de acordo cos protocolos de prevención contra a Covid-19. O programa Madrugadores ofrece servizo de acollida, coidado e vixilancia antes do comezo das clases; mentres que Tardes educativas e de lecer ofrece dous servizos en espazos diferenciados: acompañamento escolar para que o alumnado realice as tarefas escolares co apoio de monitorado especializado e “recreando”, unha actividade lúdico-cultural cun amplo programa de actividades, obradoiros e xogos.
As persoas interesadas en facer uso dalgún destes servizos de conciliación deberán cubrir a correspondente ficha de inscrición (que poden descargar nesta páxina) e achegar: declaración da renda do 2020 ou xustificante acreditativo de non ter que presentala, documento acreditativo de familia numerosa (de ser o caso) e documentación complementaria (no caso de que sexa requirida).
Máis información no PDF adxunto ou premendo aquí.
Adxuntos
- FichaMadrugadores-as (228 kB)
- Ficha tardes de lecer (228 kB)
- Madrugadores e Tardes educativas e de lecer (207 kB)