A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará este luns 6 e martes 7 de setembro en Boqueixón. O luns 6 de setembro emprazarase diante do centro de saúde de Forte, de 9:30 a 14:30 horas. Pola tarde, de 16:00 a 21:00 horas, a unidade móbil atoparase en Camporrapado, diante do Bar O Nervioso. O martes 7 de setembro, a cita será diante da sucursal de Abanca de Lestedo, en horario de 16:00 a 21:00 horas.
Co fin de organizar a asistencia e para escalonar a afluencia de persoas doadoras, evitando esperas, utilizarase preferentemente o sistema de cita previa a través do teléfono 900 100 828. Dende o Concello de Boqueixón anímase a toda a veciñanza a contribuír nesta campaña. Doar sangue significa salvar vidas.