A Bibliopiscina de Verán e as súas actividades tiveron unha gran acollida entre as familias usuarias da biblioteca e da piscina municipal durante os venres dos meses de xullo e agosto. Cada venres, a Bibliopiscina puxo a disposición dos usuarios da piscina municipal libros curtos de diversas temáticas tanto para un público infantil como adulto.
A maiores, cada venres fíxose un contacontos e unha actividade de manualidades relacionada co mesmo: “O Grúfalo”, “Voy a comedte”, “Corre, corre cabaciña”, “Cocorico” e “Camuñas”. A maiores acolléronse dous grandes espectáculos musicais a cargo de Paco Nogueiras e Xoan Curiel.
As adversas condicións meteorolóxicas fixeron que as actuacións de Paco Nogueiras e os contacontos “Voy a comedte” e “Corre, corre Cabaciña” tiveran que trasladarse a cuberto.