Rapaces e rapazas, de entre 18 e 30 anos, e de diferentes partes de España están a participar estes días no campo de voluntariado medioambiental e etnográfico, “Camiño cara a natureza”. Unha iniciativa, organizada pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado en colaboración co Concello de Boqueixón.
Ata o 1 de setembro, estes voluntarios/as efectuarán as tarefas de limpeza da ruta de sendeirismo dos Pescadores e do Río grande, entre as parroquias de San Salvador de Ledesma e Codeso. Con esta actuación preténdese recuperar a marxe dereita do río Ulla. Un espazo de enorme potencial natural e turístico declarado por Natura 200 como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais “Sistema fluvial Ulla-Deza”.
A rapazada aloxarase nas instalacións da Escola de Capacitación Agraria na parroquia de Sergude, dende onde serán trasladados diariamente ata o lugar da actividade. Alí, realizarán as tarefas de limpeza e acondicionamento destes espazos, ademais das labores de restauración e creación de elementos interpretativos da ruta dos Pescadores. Neste eido, a interpretación e divulgación da ruta será tamén un dos obxectivos do campo de voluntariado.
Así mesmo, as persoas voluntarias poderán gozar de varias actividades de lecer coma o Caiac polo Ulla; visitas a Compostela, Fisterra, Costa da Morte e Rías Baixas e xogos tradicionais, entre outras.