“As montañas e as cousas. Xenealoxía dunha paisaxe sacra” é a conferencia que inaugura o ciclo “Un mes e Pico” do Concello de Boqueixón. Correrá a cargo do profesor de investigación do CSIC, Felipe Criado Boado este sábado, 14 de agosto ás 19:00 horas, na capela de San Sebastián no Pico Sacro.
Trátase da primeira das dúas conferencias programadas no ciclo. A seguinte será “Xeoastronomía da antiga Gallaecia (medicións, datos e interpretacións): Santiago e o Pico Sagro no tempo dos mouros”, da man de Antón Bouzas Sierra, o sábado 21 de agosto ás 20:00 horas.
“Un mes e Pico” desenvolverase ata o 25 de setembro e versará sobre a arqueoloxía do monte sagrado e a cultura do Xacobeo. Haberá conferencias, roteiros, unha visita teatral e unha exposición.
Todas as actividades son de balde, aínda que o aforo será limitado e seguiranse todas as medidas de seguridade. As persoas interesadas en asistir, deben inscribirse previamente no correo boqueixonturismo@gmail.com ou no teléfono 981 513 061.
Descarga o programa completo