A carballeira da feira de Lestedo acollerá este domingo 1 de agosto o obradoiro e espectáculo de monicreques “Don Gaiferos e o dragón”, da man da compañía Títeres Cachirulo. Unha actuación para todos os públicos que forma parte do programa “A Compostela polas Rutas Xacobeas”, do Xacobeo 2021-22.
Ás 12:45 horas terá lugar un obradoiro, no que os nenos e nenas que asistan elaborarán monicreques inspirados en personaxes da lenda xacobea. Media hora despois, ás 13:15 horas, dará comezo a actuación de monicreques, aberta a toda a familia.
A participación é totalmente de balde en calquera das dúas actividades, se ben o número de prazas é limitado en cada unha delas. Por iso, para asistir é obrigatorio anotarse previamente no Departamento de Cultura ou chamando ao teléfono 981 513 115, indicando se desexas anotarte no obradoiro, no espectáculo ou en ambas actividades.