O Campo do Río de Ponte Ledesma acollerá o vindeiro 6 de agosto a quinta edición da Noite Velada. Esta iniciativa, organizada polo Departamento de Turismo do Concello de Boqueixón, pretende aunar a tradición e a cultura envolta coa imaxe dunha ponte histórica que se alumeará coa luz das candeas e as teas.
Un ambiente máxico que se recreará a partir das 22:00 horas. A Noite Velada estará amenizada polas actuacións de Son de Gaita e Habelas Hainas.
A actividade é totalmente gratuíta e o aforo estará limitado, polo que as persoas que queiran asistir deberán inscribirse previamente para resevra praza chamando ao 981 513 061 ou enviando un correo electrónico a boqueixonturismo@gmail.com.
Para garantir un acceso ordenado e gradual, a apertura do acceso realizarase desde as 21:00h. ás 22:00h horas. Disporanse cadeiras debidamente separadas no Campo do Río para poder ver o concerto.
Todas as persoas asistentes deberán cumprir obrigatoriamente coas medidas hixiénico sanitarias. Levarán obrigatoriamente máscara durante todo o evento, manterán a distancia interpersoal dun mínimo de 1,5 metros e utilizarán hidroxel para a hixiene de mans.
Dende o Concello de Boqueixón anímase á veciñanza a participar nesta actividade dun xeito responsable. O lecer non ten por que ser incompatible co obrigado cumprimento dos protocolos de prevención contra a COVID-19.
Descarga aquí o cartel noite velada 2021 :
Adxuntos
- cartel noite velada 2021 (302 kB)