A Bibliopiscina de Boqueixón abrirá as súas portas todos os venres, entre o 16 de xullo e o 27 de agosto, cunha programación de contacontos, obradoiros e actuacións dirixidas a nenos e nenas de ata 10 anos. A maiores, a partir das 16:00 horas haberá un carriño con libros curtos para a rapazada e para persoas adultas. Na programación da Bibliopiscina de Verán destacan as actuacións musicais de Paco Nogueiras con “Radio Bulebule” (23 de xullo, 19:00 h) e Xoán Curiel, cun conto-concerto para montar a túa banda no verán (20 de agosto, 18:00 h).
Pola súa banda, os contacontos e obradoiros infantís terán lugar de 19:00 a 20:30 horas. O primeiro deles terá lugar este venres 16 de xullo e incluirá a lectura do conto “O Grúfalo” e un obradoiro para a confección de caretas coa cara do Grúfalo. Unha lectura que trata temas como o abuso, a bravuconería, o medo e os animais; e que potencia valores como a xustiza, a valentía e a creatividade.
En todos os casos é preciso inscrición previa no Departamento de Cultura ou na Biblioteca: 981 51 31 15 / 981 07 11 23.