O Concello de Boqueixón informa da convocatoria de prazas para persoas maiores que desexen participar no Programa de Turismo do IMSERSO para a tempada 2021-2022, publicado no BOE do 30 de xuño de 2021.
Obxecto
O Instituto de Maiores e Servizos Sociais contribúe ao benestar das persoas maiores e organiza distintos tipos de viaxes co obxecto de que poidan desfrutar dunhas vacacións onde poderán optar polas estancias en zonas costeiras (Península e Illas Baleares ou Canarias) ou turismo de interior.
Servizos que ofrecen
- Viaxe de ida e volta dende a capital de provincia ou aeroporto / localidade que se fixe ata o hotel de destino e regreso. A duración da viaxe será dende 4 a 10 días.
- Aloxamento en réxime de pensión completa, en habitación dobre. Contémplase a posibilidade de aloxamento individual abonando un suplemento.
- Póliza de seguros colectiva.
- Servizo médico no propio hotel.
- Programa de animación.
Requisitos para participar
- Residentes en España
- Ser pensionista de xubilación / viudedade /outros conceptos con 60 anos ou máis.
- Ser titular ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social con 65 anos ou máis.
- Ser emigrante retornado a España e pensionista do sistema público da Seguridade Social.
Poden participar a persoa solicitante e cónxuxe, parella de feito e/ou fillas e fillos con discapacidade cun grao superior ao 45%. En todo caso, as persoas participantes deberán valerse por si mesmas.
Prazo de presentación e solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de xullo do 2021.
As persoas que dispoñan de acreditación para participar neste programa non deberán presentar esta solicitude, recibirán no seu domicilio unha comunicación do IMSERSO cos datos da tempada anterior para que se modifiquen se se estima oportuno. A partir do 1 de setembro, o IMSERSO emitirá as credenciais correspondentes para elixir destinos, que recibirán nos seus domicilios.
Máis información
Servizos Sociais do Concello de Boqueixón. Teléfono: 981 51 31 06.