A Carballeira de Rodiño acollerá este domingo 11 de xullo, ás 12:00 horas, a actuación da Banda de música de Agolada. Un concerto incluído no programa “O país das bandas”, iniciativa promovida pola Xunta de Galicia e a Federación Galega de Bandas de Música Populares co obxectivo de servir de motor para a recuperación da actividade bandística na nosa comunidade.
A asistencia é totalmente de balde. O Concello de Boqueixón é un dos oitenta municipios que colaboran na realización deste programa, incluído na programación cultural do Xacobeo 21-22 e que forma parte do Plan de Reactivación da Cultura deseñado pola Xunta (que este verán impulsará máis de 3.000 actividades por toda a xeografía galega cun investimento superior aos 9 millóns de euros).