O Concello de Boqueixón fai público o listado de nenos e nenas admitidos nos cursos de natación, que darán comezo o vindeiro xoves 1 de xullo na piscina municipal. Un listado no que se inclúen os grupos e horarios correspondentes a cada crianza.
O prezo dos cursos de natación infantil estivais é de 15 euros ao mes. Unha vez comprobada a admisión do neno/a deberase abonar a contía mensual na conta ES68 2080 0320 2531 1000 0666. Deberase especificar no concepto Natación-Mes+Grupo/Día+nome do/a neno/a. O resgardo de pago deberase remitir ao Departamento de Deportes (deportes@boqueixon.gal), sendo requisito imprescindible para poder iniciar a actividade. Unha vez efectuado o abono –en caso de querer darse de baixa-, non se reintegrará ningún importe sen causa debidamente xustificada.
Máis información no Departamento de Deportes, no teléfono 636 731 721 ou no enderezo electrónico deportes@boqueixon.gal.